Alsa está plenamente comprometida con proporcionar unha mobilidade segura e de calidade para os animais de compañía dos nosos clientes.
Para iso, en 2018 incorporouse ao programa «Viajar Juntos es Mejor» («Viaxar xuntos é mellor», en galego), creado por Purina España e a Confederación Española de Agencias de Viajes (CEAV), coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Grazas a esta iniciativa, contamos con asesoramento de veterinarios e profesionais expertos de Purina e do MAPA para colaborar e impulsar accións de mellora nas condicións de viaxe dos animais de compañía nos nosos servizos.
Ademais, Alsa é colaborador da campaña do MAPA TENENCIA RESPONSABLE DE ANIMALES DE COMPAÑÍA (TENZA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA, en galego) para garantir o benestar dos animais e establecer actitudes e prácticas que determinen unha conduta responsable por parte dos seus propietarios.
Actualmente, Alsa está traballando en adaptar os seus servizos e as condicións de viaxe dos animais de compañía segundo a nova Lei 7/2023, de protección dos dereitos e o benestar dos animais, de forma que se garanta o cumprimento de todos e cada un dos seus dereitos cando viaxen connosco, ao mesmo tempo que se proporciona unha viaxe segura e confortable tamén para o resto de clientes.
Engade o billete do animal de compañía sinalando a casa disposta para o efecto no paso 2 do proceso de compra cun suplemento* sobre o prezo do billete.
* Os cans de asistencia non quedan afectados polo contido da presente instrución e poden viaxar sen custo adicional no interior da cabina de pasaxeiros (situándose no corredor central) debidamente documentados, acompañados do invidente/titular do animal (artigo 11 do Regulamento de Circulación).
Condicións de viaxe de animais de compañía no autobús
- Admitirase un máximo dun (1) animal de compañía por servizo; enténdese como tales cans, gatos e furóns cuxo peso non exceda de 10 kg.
- O animal deberá viaxar na bodega do vehículo, e sempre dentro dun transportador ou outro tipo de elemento pechado e seguro, proporcionado polo viaxeiro cun fondo impermeable que conteña os posibles residuos.
- Os expertos veterinarios recomendan non viaxar con animais de compañía en datas e horas nas que a temperatura ambiente sexa superior a 25 °C. Consulta as previsións meteorolóxicas oficiais.
Pasos que cómpre seguir antes de viaxar
Requisitos para poder viaxar
Ti es o responsable do animal de compañía; por iso, para que poida realizar a viaxe de forma segura e cómoda, lembrámosche os requisitos que debes cumprir durante a viaxe:
Estas obrigas teñen a finalidade de garantir a protección e comodidade do animal de compañía durante o transporte.
- Os animais deben ser maiores de 12 semanas de idade.
- Deben estar identificados electronicamente mediante microchip.
- Deben ir acompañados da documentación necesaria que identifique o animal e con todas as vacinas obrigatorias ao día segundo a normativa autonómica do lugar de orixe e destino (cartilla sanitaria ou pasaporte actualizado e vixente).
- Deben estar desparasitados interna e externamente.
- Os animais deben estar completamente sans, sen feridas e ser capaces de moverse por si sós.
- Non se permitirá o transporte de femias preñadas nin tampouco unha semana tras o parto.
- Debes traer un transportador ríxido e que non se poida abrir desde o interior, que se adapte ás medidas do animal de compañía e que sexa dun tamaño inferior ao oco do autobús que che indicamos en función da categoría de autobús en que viaxes.
Recomendacións antes da viaxe
- Expoñer de forma xeral aos cachorros ás condicións de transporte durante o período de socialización.
- Realizar unha visita ao veterinario na semana anterior ao inicio da viaxe para asegurarse de que o animal está san.
- Bañar o animal o día anterior, para evitar malos cheiros.
- Non alimentar os animais nas 6 horas previas á saída da viaxe.
- Incentivar a eliminación de ouriños e feces, e pasear o animal 30 minutos antes do inicio da viaxe.
- Facilitar un xoguete dentro do transportador que non poida ser inxerido.
- Prever un bebedeiro e auga para a viaxe.
- Dispoñer de datos de contacto dun veterinario no lugar de destino.
- Asegurarse de que se dispón da «equipaxe» necesaria para o animal: alimentación, recipientes para comer e beber, medicamentos, xoguetes, correa, arnés, peite para o cepillado, bolsas para deposicións e artigos para o descanso do animal.
- Incorporar ao animal unha placa identificativa cun número de teléfono de contacto, para facilitar a súa localización en caso de perda.
- Asegurarse de que o animal vai ser aceptado no aloxamento de destino e que as actividades que van realizar en destino lle permiten ocuparse do animal.
Contouse co asesoramento do equipo veterinario do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e de Purina. Estas recomendacións poderán modificarse en función dos documentos aprobados no Plan de Actuacións para a Tenza Responsable de Animais de Compañía (PATRAC).
Ben! Con estes pasos, o animal de compañía xa está preparado para viaxar. Porén, como saberás, ten que realizar a viaxe nun transportador homologado e seguro para o teu animal de compañía.
Como saber o tamaño axeitado do transportador da túa mascota?
O tamaño do transportador debe ser adecuado ás dimensións do animal e cumprir as seguintes dimensións aproximadas.
Resumindo, as dimensións do transportador serán:
- Lonxitude: a lonxitude do animal medida desde a punta do fociño á base da cola + 15 cm aproximadamente.
- Anchura: 2,5 veces a largura do animal aproximadamente.
- Altura: altura do animal medida desde o solo ata o seu punto máis alto + 15 cm aproximadamente.
Verifica que:
- O animal de compañía irá nun transportador adecuado ao seu tamaño e suxeito de modo que non poida desprazarse co movemento do vehículo.
- Os transportadores estarán construídos de materiais non tóxicos, non desbotables e de doada limpeza e desinfección. A porta conformará por completo un dos extremos do transportador e estará construída de forma que non sexa posible que se abra accidentalmente, nin por fóra nin por dentro.
- O transportador terá material absorbente para que non se produzan fugas de excrementos.
- Administrar auga cun intervalo máximo de 8 horas.
O día da viaxe
Cómpre que te presentes ao embarque acompañado do animal cunha antelación de polo menos 15 minutos, introducindo persoalmente o transportador no autocar seguindo as indicacións do persoal de condución.
O desembarque do animal será igualmente realizado polo seu propietario ou persoa responsable, procurando que non haxa persoas nas proximidades a fin de evitar circunstancias incómodas ou perigosas que puidesen afectar o resto dos viaxeiros. Os habitáculos limparanse e desinfectaranse tras descargar o animal.
Nas paradas intermedias, recoméndase o desembarque do animal para subministrarlle comida e/ou bebida segundo o requira o seu estado e tamén para que realice as súas necesidades fisiolóxicas fóra do compartimento.
As condicións de transporte de animais de compañía en Alsa seguen e cumpren os requisitos dos regulamentos nacionais e europeos.