Alsa Empresas é un servizo dirixido a PYMES e grandes entidades que facilita a compra de billetes de autobús a través da nosa páxina web. Os clientes de Alsa Empresas obteñen vantaxes como:
- Un 20 % de desconto na compra de billetes en todos os servizos.
- Custos de xestión gratuítos.
- Facilidade na emisión de facturas.
Para darte de alta en Alsa Empresas completa o formulario de rexistro que encontrarás na páxina web e, unha vez aceptadas as condicións, validaremos a túa solicitude. Unha vez xestionado o rexistro, recibirás un correo de confirmación co teu usuario e contrasinal. Antes de comezar cada compra, lembra iniciar sesión como cliente de Alsa Empresas co ID da túa compañía e o contrasinal recibido no teu correo de alta no servizo.
Condicións
- Desconto aplicado sobre o prezo do billete con tarifa base, entendendo como tarifa base o prezo dun billete sen tarifas especiais, promocións nin descontos.
- Desconto non acumulable a outros descontos, salvo familia numerosa e desconto por ida e volta pechada.
- Servizo só dispoñible a través da web.
- Non válido para autónomos nin axencias de viaxes.