En Alsa, durante o proceso de compra do billete, asignarase automaticamente un asento no autobús.
Como cambio de asento?
Podes modificar a túa praza a través da páxina web de Alsa, da App, do teléfono 902 422 242 e dos puntos de venda.
Condicións
O cambio de asento asignado por Alsa por defecto pode supor cargos asociados en función da maior ou menor demanda de determinadas prazas por parte dos usuarios e da optimización da ocupación do vehículo, entre outros.
Se desexas modificar o teu asento durante o proceso de compra:
Na web
1. Tras elixir o horario desexado pasarás a «Personaliza o teu asento».
2. Preme en «CAMBIAR ASENTOS» para visualizares o plano do autobús coas prazas numeradas.
- O asento azul é a praza que ocupas actualmente no autobús.
- Os asentos en verde seguen libres e, polo tanto, poderás seleccionalos.
- Os asentos en gris foron ocupados por outros viaxeiros do mesmo servizo e xa non están dispoñibles.
3. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará automaticamente a cor azul e asignaráseche como praza no autobús.
Na App
1. Tras escoller o horario, pasarás a «Servizos adicionais». Se non estás identificado como Alsa Plus, deberás introducir os teus de viaxeiro.
2. Na opción «Asentos» preme en «MODIFICAR» para visualizares o plano do autobús coas prazas numeradas.
- O asento azul é a praza que ocupas no autobús.
- Os asentos verdes seguen libres e, polo tanto, poderás seleccionalos.
- Os asentos en gris foron ocupados por outros viaxeiros do mesmo servizo e xa non están dispoñibles.
3. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará automaticamente a cor azul. Preme en «FEITO» e asignaráseche como praza no autobús.
Se desexas modificar o teu asento unha vez finalizada a compra do teu billete:
Na web
1. Na páxina principal, debaixo do buscador, preme en «Xestiona os teus billetes».
2. Elixe unha destas opcións para identificar o teu billete:
- Localizador e DNI do comprador.
- Método de pagamento e data de compra.
3. Entra en «Opcións» e preme en «CAMBIAR ASENTO» para visualizar o plano do autobús cos asentos numerados.
4. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará automaticamente a cor azul. Preme en «GARDAR» e asignaráseche como praza no autobús.
Na App
1. Desde o menú entra en «As miñas viaxes».
2. Se compraches o teu billete na web, podes importalo premendo en «Importar» e introducindo o teu documento de identidade e localizador.
3. A continuación entra en «Ver billete» e preme en «Cambiar billete».
4. Entrando en «Cambiar asento», poderás visualizar o plano do autobús cos asentos numerados:
- O asento azul é a praza preasignada no autobús.
- Os asentos verdes seguen libres.
- Os asentos en gris foron ocupados por outros viaxeiros e xa non están dispoñibles.
5. Preme sobre a praza libre que desexes: cambiará a cor azul. Preme en «FEITO» e asignaráseche como asento no autobús.
Tamén poderás modificar o teu asento se compras a través do Teléfono de Información e Venda, puntos de venda e nas máquinas autovenda. Neste último método de venda só poderás modificar a túa praza durante o proceso de compra.