Para cambiar o nome do titular do billete en www.alsa.es/gl , na páxina principal da web:

1. Entra en «Xestiona o teu billete» debaixo do buscador de compra.

2. Elixe unha destas opcións para identificar o teu billete:

  • Localizador e DNI do comprador.
  • Método de pagamento e data de compra.

3. En «Opcións», entra en «Cambiar titular».

4. Introduce o nome e apelidos, documento de identidade e enderezo de correo do novo viaxeiro.

Tamén poderás modificar o nome do titular do billete en puntos de venda e no teléfono 902 422 242.

Condicións

  • Non se admitirá o cambio de titular en billetes con tarifas especiais ou descontos asociados a un determinado viaxeiro (Familia Numerosa, membros do Ministerio de Defensa, Discapacidade…).
  • En traxectos nacionais, admitirase o cambio do titular ata 2 horas antes da saída do servizo.
  • En traxectos internacionais non se admite o cambio do titular nin de documento de identidade do billete.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)