Alsa Plus é o programa de fidelización de Alsa que lles permite aos clientes rexistrados acumular puntos con cada compra de billetes e bonos. Os clientes Alsa Plus poden gozar das seguintes vantaxes:
- Trocar puntos por unha porcentaxe ou o total do prezo dun billete.
- Custos de xestión gratuítos na compra de billetes a partir da primeira compra desde a data de alta.
- Conexión wifi de alta velocidade se viaxas en autobuses da frota Alsa.
- Compra de bonos para aforrar nas túas viaxes.
- Promocións e descontos exclusivos.
Converterse en cliente Alsa Plus é moi sinxelo. Podes realizar o proceso a través da páxina web, a app, en puntos de venda e a través do teléfono 902 422 242.
Na web
- Entra na área «Rexistro de usuarios».
- Completa o formulario de rexistro e acepta as condicións.
- Unha vez enviado, recibirás un correo ao enderezo facilitado no formulario para que confirmes e finalices o proceso de rexistro.
Na App
- Entra en «Inicia sesión» na parte superior da pantalla.
- A continuación, na parte inferior, entra en «Non tes conta? Rexístrate nun minuto».
- Introduce correo e contrasinal, acepta as condicións e preme en «CREAR CONTA».
- Aparecerá unha mensaxe indicando que recibiches un correo para confirmares a túa alta.
- Preme «ACEPTAR».
- Introduce os teus datos persoais e preme en «QUERO SER Alsa Plus».