Alsa permite a compra de billetes e bonos a nome doutros viaxeiros a través de calquera canle de venda facilitando os datos do viaxeiro.

Condicións

  • O viaxeiro non poderá beneficiarse de descontos nominativos asociados ao comprador (Familia Numerosa, Discapacitados, Desempregados…) se non cumpre cos requisitos. No caso de cumprilos deberá presentar, no momento do embarque, a súa propia documentación vixente que o acredite como beneficiario de tal desconto.

Si es cliente Alsa Plus e compras billetes para outros pasaxeiros debes ter en conta:

  • Se te beneficias de tarifas especiais (Tarifa Xove, Maiores de 60…), o viaxeiro só poderá gozar de ditos descontos se cumpre coas condicións da tarifa.
  • Podes utilizar os teus puntos e códigos de desconto asociados a túa conta (Aniversarios, etc.) na compra de billetes para outros viaxeiros.
  • Poderás aforrar os custos de xestión na compra de billetes para outras persoas a partir da segunda compra desde o teu rexistro como cliente.

Lembra iniciar sesión como cliente antes de iniciar a compra.

www.alsa.es/gl

  • Se es cliente Alsa Plus, lembra iniciar sesión antes de iniciar a compra.
  • Inicia a compra do teu billete ata chegar a «Finaliza a túa compra». Se es cliente Alsa Plus constarán por defecto os teus datos de viaxeiro, polo que deberás introducir os datos da persoa que viaxará.
  • Ademais, se contas con puntos Alsa Plus suficientes dentro de «Pagar con puntos» poderás trocalos para o pagamento do billete.
  • Elixe o método de pagamento. Podes utilizar o sistema asociado a túa conta de cliente, que aparecerá por defecto, ou introducir os datos de pagamento do viaxeiro, xa sexa tarxeta de débito ou crédito, PayPal ou pagamento con factura móbil.

App

Se estás identificado como Alsa Plus:

  1. Inicia a compra do billete ata chegares a «Servizos adicionais».
  2. Preme na icona «editar» xunto aos teus datos de pasaxeiro.
  3. Preme na icona «máis» (+), para engadires un novo pasaxeiro e introduce nome, apelidos e documento de identidade da persoa que viaxará e preme en «FEITO».
  4. Preme en «CONTINUAR» e pasarás a «Finaliza a túa compra». Se contas con puntos suficientes poderás trocalos por unha porcentaxe do billete.
  5. Preme en «Métodos de pagamento», para pagares o billete coa opción gardada ou introduce novos datos de pagamento.

Se non es cliente Alsa Plus:

  1. Inicia a compra do billete e ao chegares a «Datos do pasaxeiro(s)», introduce os datos da(s) persoa(s) que realizará(n) a viaxe e preme en «CONTINUAR».
  2. Ao chegar a «Finaliza a túa compra» en «Métodos de pagamento», escolle o que desexes e introduce os datos do pagador.

Teléfono, puntos de venda e máquinas autovenda

Podes comprar un billete para outro viaxeiro se contas cos seus datos persoais. Se o pasaxeiro desexa beneficiarse de descontos nominativos deberá mostrar, ao subir ao autobús, a documentación acreditativa que dea testemuño deste como beneficiario.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)