Podes trocar os teus puntos Alsa Plus en calquera canle de compra Alsa identificándote como cliente.
Para comprares con puntos en www.alsa.es/gl, app:
1. Identifícate como socio Alsa Plus e inicia a túa compra.
2. Ao chegares a «Finaliza a túa compra», se tes puntos aparecerá, antes dos métodos de pagamento, a opción «Pagar con puntos».
3. Selecciona, entre as opcións, «Pagar con puntos».
4. No resumo da compra aparecerá o importe que hai que pagar diferenciado entre puntos usados e euros.
Condicións de pagamento con puntos
- Poderás comprar o teu billete só con puntos ou cunha combinación de puntos + euros (cada 100 puntos = 1 € de desconto no teu billete).
- Se tes puntos, á hora de pagar o teu billete, terás a opción de trocalos por importe correspondente.
- Os puntos Alsa Plus Alsa Plus caducan aos 18 meses desde a data de obtención.
Para obteres puntos viaxando, lembra identificarte como Alsa Plus antes de iniciares a compra do teu billete. Os puntos engadiranse á túa conta Alsa Plus unha finalizada a viaxe.