Segundo a canle de compra deberás facilitar os seguintes datos ao comprar o teu billete:
Puntos de venda
- Se es cliente Alsa Plus e desexas pagar con puntos ou beneficiáreste dalgún desconto ou tarifa para clientes, deberás facilitar o teu documento de identidade.
- Documento de identidade e documentación acreditativa se es beneficiario dalgún desconto nominativo (Familia Numerosa, Militar, Persoas con Discapacidade…).
- Tarxeta de débito ou crédito (en caso de pagamento con tarxeta).
Máquinas autovenda
- Se es cliente Alsa Plus e desexas pagar con puntos ou beneficiáreste dalgún desconto ou tarifa para clientes, deberás facilitar o teu documento de identidade.
- Tarxeta de crédito débito (en caso de pagamento con tarxeta).
Na web e na App
Se es Alsa Plus, deberás facilitar o contrasinal e documento de identidade asociados á túa conta antes de iniciar a compra.
- Nome e apelidos de cada viaxeiro.
- Documento de identidade.
- Correo electrónico.
- Número de teléfono móbil se desexas recibir unha SMS co localizador e cos datos da viaxe.
- Segundo o método de pagamento
- Número de tarxeta de débito ou crédito e código CVV.
- PayPal: correo electrónico asociado á túa conta.
- Pagamento con factura móbil: número de teléfono asociado á factura.
Teléfono 902 422 242
- Nome e apelidos dos viaxeiros.
- Documento de identidade.
- Se es cliente Alsa Plus, deberás identificarte co teu documento de identidade.
- Segundo método de pagamento
- Número de tarxeta financeira e código CVV.
- PayPal: correo electrónico asociado á túa conta.