Os viaxeiros de 14 a 29anos poden beneficiarse dun 15% de desconto na compra de billetes se dispoñen de Carné Xove. Para obter o desconto deben estar rexistrados como clientes Alsa Plus e contar co código de desconto que encontrarán na web do Carné Xove da súa Comunidade Autónoma.

Condicións

  • Código exclusivo para viaxeiros Alsa Plus de 14 a 30anos que dispoñan de Carné Xove Europeo.
  • Non acumulable a outros descontos e promocións salvo Familia Numerosa e descontos en billetes de ida e volta.
  • Estes billetes admiten cambio e anulación.
  • Imprescindible, no momento do embarque, presentar o Carné Xove xunto ao documento de identidade que te acrediten como beneficiario do desconto.
  • En caso de non presentalo, perderá o importe completo do billete, sen posibilidade de reembolso. Se desexa viaxar, deberá adquirir un novo billete sen desconto.
  • Desconto só dispoñible na web e na app.
  • Para traxectos de longa distancia que discorran por máis dunha Comunidade Autónoma. Non dispoñible en traxectos internacionais.
  • A idade mínima para poder darse de alta como Alsa Plus na web e na App é de 18 anos. Os menores de idade que queiran beneficiarse das vantaxes para clientes Alsa Plus, como a Tarifa Xove ou o aforro nos gastos de xestión, poden darse de alta se os seus pais ou titores legais se rexistran como clientes Alsa Plus. Para iso, deberá remitirnos a alsaplus@alsa.es  o seguinte formulario específico de rexistro de menores xunto co seu documento de identidade, o documento de identidade do pai, nai ou titor e calquera documentación que acredite a relación de parentesco.

  • Non dispoñible en traxectos internacionais.

Como obter o desconto

1. Identifícate como Alsa Plus antes de iniciares a compra.

2. No buscador de compra selecciona o tipo de viaxeiro "Xove".

3. No buscador, preme sobre «Código promocional/Bonos» e introduce o código de desconto que encontrarás na páxina do Carné Xove da túa Comunidade Autónoma.

4. Preme «BUSCAR O MELLOR PREZO» e nos resultados encontrarás os traxectos promocionados denominados como «CARNÉ XOVE».

5. Se o código non fose válido, aparecería a mensaxe «Código promocional inexistente» e se continuas coa compra, os resultados mostrarán os prezos sen se aplicar ningún desconto.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)