Os viaxeiros Alsa Pus maiores de 60 anos gozan de ata un 40 % de desconto na compra de billetes e bonos, para viaxar de luns a xoves e tamén sábados:

  • Ata un 30 % de desconto de luns a xoves e sábados en Servizos Alsa Estándar.
  • Ata un 15 % de desconto de luns a xoves e sábados en Servizos Alsa Supra (dispoñibles nas rutas seleccionadas).
  • Ata un 25 % de desconto de luns a domingo en Servizos Rexionais de Asturias.

Condicións:

  • Oferta exclusiva para clientes Alsa Plus maiores de 60 anos.
  • Para traxectos nacionais operados por Alsa superiores a 150 km.
  • Non válido para viaxar venres, domingos ou festivos.
  • Admite cambio, pero non anulación.
  • Exclusivo para billetes de ida ou ida e volta pechados.
  • Excluídos os servizos para viaxar os seguintes días: 05/12/2024, 06/12/2024, 08/12/2024, 20/12/2024, 25/12/2024, 31/12/2024, 01/01/2025.
  • En Servizos de Clase operados por Alsa para tráficos seleccionados.
  • Sen servizos: Almendralejo-Sevilla e Sevilla-Mérida.
  • Ao subir ao autobús é imprescindible presentar o documento de identidade que acredite a identidade e a idade do beneficiario.
  • Os servizos rexionais de Asturias non inclúen as rutas que conectan co aeroporto.

Para beneficiarte deste desconto en www.alsa.es/gl, na app e máquinas autovenda:

1. Identifícate como cliente Alsa Plus.

2. No buscador de compra selecciona o tipo de viaxeiro «Maiores».

3. Ao chegares a «Elixe o teu horario» encontrarás os billetes con esta tarifa identificados como «Maiores de 60» nos servizos correspondentes.

4. Na app poderás ver a tarifa «Maiores de 60» aplicada ao billete directamente no resumo da compra.

Teléfono de Atención e Venda, puntos de venda e máquinas autovenda

  • A través do teléfono 902 422 242, identifícate como ALSAPLUS+ e como viaxeiro «Maior de 60».
  • Nos puntos de venda, identifícate como cliente ALSAPLUS+ e facilita o teu documento de identidade para la obtención da tarifa «Maiores de 60».
  • En máquinas autovenda, unha vez escollido o billete, antes do momento do pagamento, selecciona o tipo de desconto.
  • É imprescindible, no momento do embarque, portar a documentación que te acredite como beneficiario do desconto.

Se non atopas o que buscas, póñase en contacto connosco (en castelán)