Se intentas darte de alta como Alsa Plus e non dás acabado o proceso, pode deberse a:
- Xa estás rexistrado como cliente, polo que o sistema che indicará que o usuario xa existe. En tal caso, identifícate directamente como cliente ou, no caso de non lembrares o teu contrasinal, entra na opción «Modificar contrasinal» e establece un contrasinal nun correo que recibirás no enderezo electrónico asociado á túa conta.
- Introduciches algún dato de forma errónea: o formato do teu documento de identidade, algún carácter da túa conta de correo ou no contrasinal.
- Fallo de conexión durante o proceso de alta. En tal caso, espera uns minutos antes de volvelo intentar.
Revisa toda a túa información antes de premeres en «Enviar»; desta forma, evitarás ter que modificala unha vez formalizado o proceso