Se ao pagar con tarxeta na web ou na app aparece unha mensaxe de erro e non recibes os billetes por correo electrónico pode deberse a:
- Erro ao introducires o número de tarxeta, CVV ou data de caducidade.
- Non ter activada para a tarxeta a opción de comercio electrónico seguro.
- Falta de saldo na tarxeta.
- Erro de conexión na transacción.
O habitual é que, se se produce unha mensaxe de erro, non se realice nin a transacción nin o cobro.
Se se producise un cargo sen emisión do billete, o sistema de seguridade de Alsa detectará o erro e reembolsará automaticamente o importe no prazo de 1 hora.
Que facer se acontece algún problema co pagamento
En caso de incidencia, ponte en contacto connosco a través de:
- Teléfono 24 h: (+34) 919 914 030
- Formulario de Incidencias pagamento web.
Para unha atención máis áxil da incidencia, precisaremos a seguinte información sobre a compra:
- Documento de identidade utilizado.
- Segundo o método de pagamento:
- Tarxeta: os 6 primeiros e os 4 últimos díxitos da tarxeta coa cal se realizou o pagamento.
- PayPal: correo electrónico asociado á conta neste servizo.
- Pagamento con factura móbil: número de teléfono.
- Importe exacto da transacción.
- Data de compra.
- Orixe e destino.
- Data e hora da viaxe.
Erro de autenticación de tarxeta
Se tes activado o servizo de compra segura por Internet, ao realizares transaccións en liña, algúns comercios solicitaranche un código de verificación de tarxeta, que o teu banco che facilitará por SMS.
Se introduces algún díxito do código erroneamente, a transacción cancelarase e aparecerache unha mensaxe de «Erro de autenticación de tarxeta».
Ademais, se unha vez recibido o código de autenticación de tarxeta excedes o tempo permitido para introducilo, o sistema darache erro e deberás solicitar un novo código.
Que significa tarxeta allea ao servizo?
Se ao realizares unha compra aparece unha mensaxe de «Tarxeta allea ao Servizo» significa que o tipo de tarxeta que usaches non é recoñecida polo sistema.
Lembra que Alsa acepta o uso de calquera tarxeta financeira, incluídas as tarxetas estranxeiras, sempre que sexan Visa, MasterCard, Maestro ou American Express.