O localizador é un código alfanumérico que ALSA utiliza para identificar os billetes adquiridos en cada transacción.
Características:
- Este código irá asociado a todos os billetes comprados nunha mesma transacción, é dicir, se compras dunha vez os teus billetes de ida e volta ou comprades billetes en grupo, todos estes terán o mesmo localizador.
- Facilitando esta información poderás acceder ao autobús sen necesidade de mostrar o billete.
- Se desexas modificar ou anular o teu billete por calquera das nosas canles de compra, co localizador e co teu documento de identidade poderás identificar o teu billete para realizares calquera xestión, a excepción dos billetes comprados en puntos de venda, que non contan con localizador e só poden modificarse e anularse pola mesma canle.
- Este dato será necesario se desexas solicitar factura do teu billete.
- Poderás encontrar o teu localizador no teu billete independentemente da canle de compra, excepto nos billetes adquiridos en puntos de venda, que non contan con localizador.
Exemplo de localizador: 0xxxx00