Na maioría dos autobuses, os asentos pares corresponden a prazas de corredor e os impares ás de ventá. Porén, se desexas asegurarte, podes consultar o plano do autobús durante o proceso de compra.
- Unha vez seleccionado o servizo desexado, en «Personaliza o teu asento» entra en «CAMBIAR ASENTO».
- Despregarase un plano do autobús coas prazas numeradas, onde verás o teu asento en azul.
- Se o desexas, dependendo das prazas dispoñibles, podes cambiar o teu asento no autobús. O custo por cambio de asento dependerá do tipo de autobús e da tarifa asociada ao teu billete.
App
- Tras escoller o horario, pasarás a «Servizos adicionais». Se non estás identificado como Alsa Plus, deberás introducir os teus de viaxeiro.
- En «Asentos» entra en «MODIFICAR» e aparecerá un plano do autobús coas prazas numeradas co teu asento marcado en cor azul.
- Se o desexas e quedan prazas libres, poderás modificar o teu asento no autobús. O custo por cambio de asento dependerá do tipo de autobús e da tarifa asociada ao teu billete.
Teléfono, puntos de venda e máquinas autovenda
Quer en teléfonos, quer en puntos de venda, no momento da compra do teu billete, o persoal do servizo poderá informarte da localización da túa praza. En máquinas autovenda, ao seleccionares o teu asento durante o proceso de compra, poderás visualizar o plano do autobús e a localización da túa praza.