O reembolso do billete só será posible se se realiza unha anulación deste. O importe que haxa que devolver dependerá da antelación coa cal se realice a anulación e das condicións específicas da tarifa asociada ao billete, e será do 100 % do prezo dun billete con tarifa base, prezo do traxecto sen tarifas especiais, descontos nin promocións, se esta se realiza, polo menos, 48 horas antes do inicio da viaxe. Consulta aquí os cargos por cambio e anulación de billete.
En caso de que as condicións do billete permitan a súa anulación, poderás facelo:
- Nos puntos de venda.
- A través do teléfono 902 422 242.
- Na páxina web e na App.
Na páxina web
1. Entra en «Xestiona o teu billete» debaixo do buscador de compra.
2. Elixe unha das seguintes opcións para identificar o teu billete.
- Documento de identidade e localizador do billete.
- Documento de identidade e últimos 4 díxitos da tarxeta utilizada durante a compra.
3. Preme en buscar e, unha vez localizado o teu billete, en «Opcións» poderás anulalo.
Na App
Se es cliente Alsa Plus:
1. A través do menú superior, accede a «As miñas viaxes».
2. Na lapela «Próximos», poderás visualizar os billetes das túas futuras viaxes.
3. Accede a «Ver billete».
4. Entra en «Opcións» para poder cambiar ou teu billete.
Se non es cliente Alsa Plus:
1. A través do menú, entra en «As miñas viaxes».
2. Accede a «Importar» e, co teu documento de identidade e localizador, vincula o teu billete á app.
3. En «Opcións» poderás modificar ou anular o teu billete.