Pódense transportar bicicletas, táboas de surf ou esquís?
Alsa facilítache o transporte de material deportivo. Podes solicitar o servizo en puntos de venda Alsa, web e App, que terá un custo de 20 € por traxecto.
Condicións
- Admítese un só obxecto por billete, máximo 4 por vehículo.
- O material irá debidamente embalado nunha caixa ou funda.
- Os puntos de venda Alsa dispoñen de fundas para bicicletas desde 15 €.
- Na web, na App e no teléfono 902 422 242 poderás engadir o servizo só durante o proceso de compra.
- Unha vez finalizada a compra do billete, só poderás engadir este complemento en puntos de venda e dependerá da capacidade do vehículo.
- Este servizo non está dispoñible nos autobuses de dous pisos.
Para engadir esta equipaxe na web:
1. Inicia a compra do billete.
2. Ao chegares a «Personaliza o teu asento», dentro de «Completa o teu billete» selecciona a opción «Material deportivo».
3. O complemento engadirase ao teu resumo de compra como «Servizo adicional».
Na App
Se es cliente Alsa Plus:
1. Se estás identificado como Alsa Plus, tras escoller o teu billete, pasarás a «Servizos adicionais».
2. Selecciona a opción «Material deportivo» e preme «CONTINUAR».
3. No resumo de compra, poderás ver o importe do complemento identificado como «Servizo adicional».
Se non es cliente Alsa Plus:
1. Inicia a túa compra e unha vez escollido o billete accederás a «Pasaxeiro principal».
2. Unha vez introducidos os teus datos, preme en «CONTINUAR».
3. No resumo de compra, poderás ver o importe do complemento identificado como «Servizo adicional».
Prohibición de patinetes eléctricos
- Desde o 10 de xaneiro de 2024 prohíbese o acceso ao bus con patinetes eléctricos a todos os servizos de Alsa.
- Esta prohibición aplícase non soamente aos patinetes eléctricos, senón a calquera outro dispositivo de mobilidade dotado de baterías.
- Exclúense da prohibición os vehículos de persoas con mobilidade reducida.
- A medida adóptase para salvagardar a seguridade dos clientes.
Outras equipaxes especiais
As mesmas tarifas e condicións serán aplicables a todos aqueles equipamentos e complementos de deporte ou lecer equiparables, similares ou asimilables aos descritos anteriormente e que polas súas dimensións ou características deban de ir localizados na bodega do autobús. Estas equipaxes deben encontrarse en condicións de viaxar sen provocaren danos noutras equipaxes ou vultos, e é obrigatorio que vaian embaladas para o seu transporte.