Bloquea o asento do lado
Buscador
Viaxa máis cómodo
Bloquea o asento contiguo para viaxares máis tranquilo, máis cómodo e sen ninguén á túa beira.
Como funciona?
- No paso 2 do proceso de compra («Personaliza o teu asento»), selecciona o asento no cal queres viaxar.
- A seguir, selecciona o servizo «Bloquea o asento contiguo» e, se estiver dispoñible, xa terías 2 asentos para ti!
- Se queres mudar o asento inicialmente asignado e xa tes bloqueada a praza contigua, terás que desmarcar este servizo para poderes seleccionar outro asento. Lembra que tes que seleccionar un asento que teña o contiguo baleiro para poderes bloquealo.
Condicións do servizo
- O asento contiguo bloqueado non se pode utilizar para que viaxe outra persoa, xa que non se xera outro billete para o devandito asento.
- Emítese un único billete que é válido para viaxar unha soa persoa.
- Dispoñible en servizos nacionais de longo percorrido e servizos internacionais en clase Confort que sexan Alsa garantido.
- Válido para todos os servizos excepto venres e domingos de 14 horas a 23:59 horas.
- Prazas limitadas.
- Venda dispoñible na web (non aplicacións) e venda telefónica.
- Bloquear o asento contiguo pode que non estea dispoñible en todos os servizos, rutas e horarios.