Inicia sesión
Compra o teu bono e benefíciate de descontos!
Acceso
Enviámosche un email...
Revisa a túa bandexa de entrada, valida o teu email para completar o rexistro Alsa Plus.
Se non atopas o email, revisa a túa bandexa de correo non desexado ou spam.
Sentímolo, houbo un erro ao comprobarmos a túa invitación
Por favor, solicita ao teu amigo que che xenere unha nova invitación.
Se o prefires, podes continuar co proceso de alta en Alsa Plus, pero PERDERÁS as vantaxes de ingresar por invitación.
Inicia sesión ou rexístrate para mercar e utilizar o teu bono da forma máis áxil.
Xa existe un bono para o traxecto asociado ao documento indicado.
Se o bono é para un menor ou outro adulto, cómpre que o indiques no momento da compra.
Para comprar un bono asociado a un menor, o titor/adulto responsable debe acceder ou rexistrarse previamente.
50% de dto. no teu bono
Para gozar deste desconto sobre o prezo da túa fianza, é imprescindible que utilizases antes do 1/10 o teu código Verán Xoven nos nosos canais.Introduce o teu documento de identidade para que poidamos verificalo
50% de dto. no teu bono
Condicións xerais e promocións
- Persoais e intransferibles.
- Dispoñibles para clientes rexistrados ou Alsa Plus.
- Un único bono por persoa, orixe-destino e período.
- Período de viaxe á venda: 1 xaneiro - 30 abril de 2025.
- Poderás anulalo sempre que non comezases a usalo e dentro do período de validez do teu bono.
- Dispoñibles tamén se queres viaxar en clase Supra; só tes que pagar a diferenza.
- Venda a través da web, app, máquinas autovenda e puntos de venda.
- A compra do bono require do pagamento dunha fianza.
- A troca de bonos gratuítos permitirase exclusivamente nos servizos prestados pola concesión administrativa do bono adquirido. No proceso de compra eses servizos están marcados cunha estrela branca sobre fondo verde na parte superior dereita de cada servizo.
- Os billetes emitidos con bono gratuíto admiten cambio e anulación, cunha antelación mínima de 24 horas.
- Non se poderá reservar máis dunha viaxe de ida e volta por día se unha delas non se cancelou previamente.
- Non está permitido adquirir billetes para viaxes consecutivas se non transcorreu, entre viaxe e viaxe, polo menos o triplo de tempo da duración do traxecto de ida. É dicir, se viaxamos nun bus que sae ás 8 da mañá e cuxo traxecto dura 1 hora, non poderemos trocar outro billete ata o bus que saia como mínimo dentro de 3 horas, ás 11 da mañá (1x3).
- Ao trocar un billete dun bono gratuíto, só se amosan os servizos en que podes usar o teu bono gratuíto.
- En decembro, Alsa regalará puntos aos seus clientes Alsa Plus que viaxasen durante 2024 usando os bonos gratuítos.
- Os puntos obteranse polas viaxes realizadas ata o 16 de decembro de 2024, usando os bonos gratuítos.
- Billetes adquiridos coa tarxeta Alsa Plus.
- A cantidade de puntos que se obterán estará baseada no prezo base do billete (tarifa base do servizo Confort sen desconto). Obterase 1 punto por euro, en billetes entre 1,00 € e 9,99 €, 4 puntos por euro, en billetes de 10 € ou máis.
- Estes puntos poderán trocarse durante todo o ano 2025.
- Para mercar un bono gratuíto cómpre pagar unha fianza.
- A fianza depositada devolverase sempre que se realicen, de xeito efectivo, 16 viaxes ou máis por bono adquirido. Se o viaxeiro non chega á recorrencia mínima anterior, non terá dereito á devolución da fianza, aínda que non pagará nada polas viaxes realizadas.
- Se o viaxeiro non realiza de xeito efectivo 16 viaxes, o único custo das viaxes que realice será a fianza:
- 20 € se o prezo do billete* é 5,00 € ou inferior.
- 35 € se o prezo do billete* está entre 5,01 € e 13,00 €.
- 50 € se o prezo do billete* está entre 13,01 € e 25,00 €.
- 65 € se o prezo do billete* é superior a 25,00 €.
*Prezo do billete sen promocións nin descontos
- Poderás pagar a túa fianza con tarxeta de crédito, PayPal, Bizum e en efectivo (en puntos de venda e máquinas autovenda). Quedan excluídos como métodos de pagamento a tarxeta moedeiro e os puntos Alsa Plus.
- IMPORTANTE: o bono anularase, sen dereito á devolución da fianza, a quen o use de forma inadecuada en tres ocasións; anularanse as viaxes pendentes e non se poderá mercar outro bono no mesmo contrato no mesmo período. Considérase uso inadecuado:
- o Non cancelar cunha antelación mínima de 24 horas unha viaxe formalizada e que finalmente non se realizou.
- o A utilización dun billete por unha persoa distinta á titular do bono.
- As fianzas pagas con tarxeta de crédito ou Bizum devolveranse de forma automática, sen solicitude previa, á tarxeta de crédito ou número de teléfono coa que se obtivo o bono. Esta devolución realizarase ao rematar o período de vixencia e no prazo máximo dun mes.
- Para os bonos obtidos con pagamento en metálico, cómpre que a devolución a solicite o titular do bono nun prazo non superior a dous meses desde a finalización do seu prazo de vixencia.
- O importe da fianza poderá acumularse exclusivamente ao desconto de familia numerosa.
Os bonos gratuítos para o primeiro trimestre de 2025 (1 de xaneiro - 30 de abril), vendidos cun desconto no depósito, cancelaranse automaticamente o 21 de abril de 2025 se non se comprou ningún billete asociado a ese bono.
Preguntas máis frecuentes
Xa están dispoñibles para a venda, e poderás viaxar dende o 1 de xaneiro ata o 30 de abril de 2025.
É moi sinxelo: neste vídeo explicámosche como facelo paso a paso.
Rutas de autobús interurbanos de titularidade estatal. Consulta os bonos dispoñibles para a ruta que che interese no buscador de bonos.
Do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2025.
Si, os billetes pódense cambiar e anular, cunha antelación mínima de 24 horas. O bono tamén admite anulación, salvo que haxa algún billete xa emitido.
Si, están a nome de quen se escolla no momento da compra.
Non, a ruta ten que ser sempre a que se escolleu no momento da compra. Os billetes pódense empregar tanto de ida como de volta, e cada traxecto conta como 1 viaxe. Por exemplo, se mercas un bono Madrid-Granada só poderás viaxar desde Madrid a Granada e desde Granada a Madrid.
Segundo a nosa operativa habitual, podes utilizalos para obter billetes en calquera canle, salvo no propio bus. Exceptúase a ruta Madrid-Toledo, en que si se poderá usar o bono para obter billete no propio bus.
Para cada período de validez só se permitirá adquirir un único bono por persoa e orixe-destino. No caso de menores sen DNI, o pai/nai/titor pode adicionalmente mercar un bono para o menor co seu DNI/NIE.
Si, un adulto pode mercar un bono para un menor co DNI/NIE da nai, pai ou titor. En caso de que o menor dispoña do seu propio DNI, ese será o que deberá usarse na compra.
Si, ao importe da fianza pódeselle aplicar unicamente o desconto de familia numerosa.