Marzo de 2022
Os presentes termos e condicións de uso (de aquí en adiante, as «Condicións») constitúen un acordo polo que se regulamenta a descarga e o uso da Aplicación Mobi4U (de aquí en adiante, a «Aplicación» ou «Mobi4U») polos seus usuarios (de aquí en adiante, o «Usuario» ou os «Usuarios», segundo corresponda).
ALSA GRUPO, S.L.U, con domicilio en Calle Josefa Valcárcel 20, 28027 Madrid e con CIF número B-82059478 (de aquí en adiante, «Alsa») fai uso, en calidade de licenciatario, da infraestrutura de software creada por FOSTERING MOBILITY, S. L. (de aquí en adiante, «Meep») para albergar unha solución de MaaS (a Aplicación ou Mobi4U) a través da cal Alsa ofrece servizos relacionados coa mobilidade.
A aceptación das presentes Condicións, que confire a condición de Usuario, efectúase mediante a aceptación expresa destas na pantalla de inicio da Aplicación; é dicir, mediante o simple acceso á Aplicación ou a súa simple utilización. Neste sentido, a descarga ou o uso da Aplicación supón que o Usuario leu, aceptou e se obriga a cumprir as presentes Condicións na súa totalidade. Se o Usuario non estivese de acordo co contido das presentes Condicións, mesmo de maneira parcial, deberá abandonar a Aplicación, absterse de acceder a ela e, por tanto, de utilizar os servizos que nela se inclúen.
Estas Condicións e as súas eventuais modificacións posteriores constitúen o acordo completo entre o Usuario e Alsa con respecto á Aplicación e substitúen todas as comunicacións anteriores ou actuais.
Alsa reserva o dereito de modificar unilateralmente as presentes Condicións en calquera momento. Calquera modificación substancial destas Condicións comunicaráselle de maneira fidedigna ao Usuario. O anterior non se aplicará en caso de cambios non substanciais ou de modificacións impostas por normas, regulacións obrigatorias ou medidas das autoridades competentes, que se aplicarán, mesmo sen previo aviso, desde a súa publicación.
O simple acceso á Aplicación e/ou a súa utilización con carácter posterior á modificación suporá a aceptación de calquera modificación efectuada, polo que Alsa recomenda consultar periodicamente as Condicións. Para consultar as condicións xerais hai que premer na lapela de «Axuda» e no apartado correspondente «Política de privacidade e condicións de uso».
A data que figura ao inicio das presentes Condicións corresponde á data da última revisión destas. Esta revisión será aplicable a partir da súa publicación.
Algúns dos servizos que se inclúen na Aplicación poderán someterse a condicións ou instrucións específicas de Meep ou dos terceiros que no seu caso os faciliten; estas completarán ou, se fosen contrarias ao que se establece aquí, substituirán o contido das presentes Condicións e deberán ser aceptadas polo Usuario antes de que Alsa preste o servizo correspondente.
1. OBXECTO DOS SERVIZOS INCLUÍDOS NA APLICACIÓN
A través da Aplicación Mobi4U, Alsa, como representante das empresas que integran a Organización Alsa, cuxa actividade principal é o transporte de viaxeiros por estrada (de aquí en adiante, o «Operador») presta un servizo aos Usuarios segundo o cal anuncia, informa, oferta e vende os seus servizos de transporte de todas as empresas integradas na Organización empresarial Alsa (de aquí en adiante, o «Servizo do Operador» ou os «Servizos do Operador»). Os Usuarios poden coñecer, reservar e comprar o Servizo ou os Servizos do Operador.
Alsa controla e presta os Servizos do Operador que se ofertan na Aplicación. Ao utilizar a Aplicación para contratar un Servizo do Operador, o Usuario acorda someterse a unha relación contractual directa con Alsa como provedor do Servizo do Operador, e é o único responsable de calquera decisión que teña que ver coa aceptación, prestación ou cancelación do Servizo do Operador.
Os Servizos do Operador están sometidos aos termos e políticas de Alsa, polo que é necesario que o Usuario lea, acepte e entenda os seus termos e políticas, que poderá consultar na sección «Axuda» da Aplicación, premendo sobre «Política de privacidade e condicións de uso».
A través da Aplicación, o Usuario deberá introducir os datos de orixe e de destino do traxecto que desexa realizar ou seleccionar a parada de interese. A continuación, mostraránselle as opcións ofrecidas polo Operador para ese traxecto ou parada, así como os Servizos do Operador vinculados a ese traxecto ou parada, a fin de que o Usuario poida seleccionar a alternativa que máis lle conveña. Deseguido, unha vez que o Usuario seleccionou o Servizo do Operador que desexa, o Operador xestionará directamente o pagamento mediante o método que o Usuario seleccione na Aplicación. O Operador xestionará directamente os pagamentos a través da propia Aplicación.
O Operador será o único responsable de cumprir calquera normativa aplicable ao seu propio servizo, así como as autorizacións e licenzas que procedan conforme á mesma.
2. USO AUTORIZADO E RESTRICCIÓNS DE USO
O Usuario está autorizado a usar a Aplicación e os Servizos do Operador unicamente conforme a estas Condicións.
O Usuario está autorizado a usar a Aplicación e os Servizos do Operador unicamente se se trata dunha persoa física que, conforme á lexislación aplicable, teña a capacidade legal suficiente para aceptar as presentes Condicións e non fose excluída por Alsa por contravir algunha das disposicións das presentes Condicións.
O Usuario é responsable de cumprir cos requisitos para o uso dos Servizos do Operador establecidos por Alsa conforme aos termos e regulamentos aplicables (por exemplo: idade, documentos de identidade, etc.) e será o único responsable dos danos e perdas que se deriven dese incumprimento.
O Usuario comprométese a usar os Servizos do Operador de boa fe. Non se autoriza o uso dos Servizos do Operador por parte dos Usuarios para calquera finalidade que non sexa o seu uso persoal, como, por exemplo, para fins comerciais, lucrativos ou de negocio.
É responsabilidade do Usuario comprobar, con carácter previo ao seu uso, que a Aplicación e os Servizos do Operador ofertados se adaptan ás súas necesidades, do mesmo xeito que o uso que o Usuario faga da Aplicación e da información contida nela é responsabilidade exclusiva deste.
O Usuario comprométese a realizar un uso adecuado e dilixente dos servizos e contidos da Aplicación e a non usar os Servizos do Operador de forma neglixente, con fins fraudulentos ou para actividades ilícitas, constitutivas dun delito ou que infrinxan o establecido nas presentes Condicións, na regulación sobre a propiedade intelectual ou industrial, ou en calquera outra norma do ordenamento xurídico. De igual modo, o usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidera danar a imaxe, os intereses e os dereitos de Alsa, doutros usuarios ou de terceiros.
O Usuario absterase de interferir no funcionamento da Aplicación ou nos Servizos do Operador, en particular, de suplantar outro usuario ou persoa. O Usuario comprométese a non realizar ningún acto que dane, inutilice, sobrecargue, deteriore ou impida a utilización normal da Aplicación ou dos Servizos, que afecte á súa seguridade ou que interfira neles. Queda prohibido o acceso mediante robots, arañas ou calquera outro dispositivo, programa, aplicación móbil ou ferramenta para acceder, copiar ou controlar calquera parte da Aplicación ou dos Servizos do Operador, ou calquera outro acceso e uso da Aplicación ou dos Servizos do Operador que sexa contrario ao seu uso normal e con fins persoais. De igual modo, prohíbese obter ou tentar obter os contidos da Aplicación empregando medios ou técnicas diferentes dos que constitúen a forma habitual de utilización ou aqueles autorizados expresamente por Alsa.
3. REXISTRO
Para descargar e instalar a Aplicación e para acceder, con carácter xeral, aos seus contidos, non é preciso rexistrarse. Porén, para utilizar determinados Servizos do Operador, o Usuario debe rexistrarse creando un usuario e un contrasinal, e activando a súa conta nos termos que se describen a continuación.
O Usuario poderá escoller entre rexistrarse directamente ao iniciar por primeira vez a Aplicación, tras as pantallas coas instrucións de uso da Aplicación, ou rexistrarse nun momento posterior premendo na sección «Iniciar sesión».
Para iso, o Usuario ten que proporcionar o seu nome e apelido(s) tal e como aparecen no seu DNI, a súa data de nacemento e un enderezo de correo electrónico válido para recibir calquera notificación relativa á Aplicación e aos Servizos do Operador. Así mesmo, o Usuario deberá proporcionar un número de móbil válido, cuxa validez será comprobada a través do envío por mensaxe dun código que o Usuario deberá facilitar para completar o rexistro.
O Usuario comprométese a proporcionar a información con carácter obrigatorio que se esixe para o rexistro, así como a achegar información veraz, completa e actualizada. É responsabilidade do Usuario manter actualizada, na forma que corresponda, a devandita información. Se o Usuario proporciona información falsa, non actualizada ou incompleta, ou Alsa ten motivos para sospeitar que o fixo, a compañía poderá suspender ou anular o seu rexistro.
O Usuario debe custodiar o seu contrasinal, tratalo de xeito confidencial e non revelalo a outras persoas. Non se debe permitir a outros usuarios o acceso desde a conta do Usuario nin se debe usar a conta doutro usuario.
O Usuario é responsable do que se faga desde a súa conta a través de calquera dispositivo. Se sospeita que outro usuario está a usar a súa conta ou que a súa seguridade foi comprometida por calquera outro motivo, deberá informar inmediatamente a Alsa.
Alsa poderá suspender ou cancelar a conta do Usuario se considera que incumpriu as presentes Condicións.
4. PREZOS, POLÍTICA DE CAMBIOS E ANULACIÓN, E FORMA DE PAGAMENTO
Prezos
A instalación e uso da Aplicación son gratuítos. Os únicos importes que o Usuario debe pagar a través da Aplicación son as tarifas establecidas por Alsa en relación co Servizo do Operador.
Os prezos ofrecidos por Alsa na Aplicación inclúen os impostos correspondentes e as taxas pertinentes. Os prezos dos Servizos do Operador están suxeitos á validez e ás condicións establecidas por Alsa. Os impostos ou taxas aplicados ao prezo dos Servizos do Operador poderán variar conforme ao que estableza a normativa. Os cargos de cancelación dependen exclusivamente da política de cambios e anulacións de Alsa.
Descontos e promocións
Os descontos só se aplican ao prezo do Servizo do Operador ao que se refire a promoción correspondente e a súa aplicación está suxeita ás condicións establecidas por Alsa.
Alsa reserva a facultade de aplicar restricións adicionais en descontos ou promocións, tal como se lles comuniquen aos Usuarios na promoción correspondente ou na sección destinada para tal fin na Aplicación.
Política de cambios e anulacións
Após solicitar un Servizo do Operador, o Usuario pode cancelalo a través da Aplicación pero, en certos casos, en función do que estableza Alsa, aplicarase un cargo de cancelación. Tamén é posible que o traxecto sexa cargado na conta do Usuario se non se presenta tras a reserva. O Usuario pode encontrar máis información sobre a política de cancelación de Alsa, incluídas as tarifas aplicables, na sección «Axuda» da Aplicación, premendo sobre «Política de cambios e anulacións».
Métodos de pagamento
O Usuario pode realizar o pagamento do Servizo do Operador que desexe contratar a través da Aplicación por medio desta. Para iso, debe dirixirse á lapela «As miñas tarxetas» e seleccionar o método de pagamento que desexe; é posible empregar para iso unha tarxeta de débito ou de crédito.
Pola súa banda, o Usuario non poderá efectuar pagamentos en metálico a través da Aplicación.
5. MENSAXES E NOTIFICACIÓNS
No que respecta aos servizos que inclúe e que se comercializan a través da Aplicación, o Usuario poderá recibir mensaxes relacionadas con avisos e/ou outras comunicacións directamente a través da Aplicación (de aquí en adiante: «Notificacións Push») ou a través de mensaxes de texto, mensaxes vía WhatsApp ou correos electrónicos, en función das instrucións dadas, dos datos facilitados polo Usuario e da canle escollida por Alsa.
O Usuario pode controlar e xestionar a configuración das Notificacións Push en calquera momento, activándoas ou desactivándoas a través da configuración no seu dispositivo.
6. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Alsa reserva todos os dereitos sobre as marcas, os nomes comerciais ou os demais signos distintivos, as patentes e a propiedade intelectual, con respecto ao contido e ao deseño da Aplicación.
Pola súa banda, todos os contidos da mesma, incluídos os que teñen carácter enunciativo e non limitativo (textos, gráficos, imaxes, o seu deseño e os dereitos de propiedade intelectual que puideran corresponder a eses contidos) son tamén propiedade de Alsa, polo que todos os dereitos sobre os mesmos quedan reservados.
7. FUNCIONAMENTO DA APLICACIÓN
Alsa non garante a dispoñibilidade de acceso e a continuidade do funcionamento da Aplicación e dos servizos que contén, polo que non será responsable, cos límites establecidos no ordenamento xurídico vixente, dos danos e perdas causados ao Usuario como consecuencia da indispoñibilidade, dos fallos de acceso e da falta de continuidade da presente Aplicación e, por tanto, dos seus servizos.
A descarga, o acceso e o uso da Aplicación nos dispositivos móbiles ou similares non implica a obriga por parte de Alsa de controlar a ausencia de virus ou calquera outro elemento informático daniño ou prexudicial.
Corresponde ao Usuario, en todo caso, dispor das ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños e/ou prexudiciais.
8. NULIDADE PARCIAL
No caso de que algunha das disposicións contidas nas presentes Condicións sexa declarada nula, retirarase ou substituirase. En calquera caso, esa declaración de nulidade non afectará a validez do resto de disposicións recollidas nas presentes Condicións.
9. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
O uso da Aplicación e dos servizos que contén réxese pola lei española. Así mesmo, conforme ao establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) 524/2013, infórmase ao Usuario de que a Comisión Europea dispón dunha plataforma de resolución de conflitos en liña, que está dispoñible na seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/consumers/odr/
Calquera controversia, procedemento legal ou litixio que xurda en relación con estas Condicións ou o uso da Aplicación sométese á xurisdición do domicilio do Usuario.