Equipaxe

Buscador

Ata 20 kg. gratis

Coñece as incribles vantaxes de viaxar connosco:

  • Poderás transportar gratuitamente ata 20 kgs. de equipaxe. 
  • Podes engadir equipaxe extra de ata 25 kg. a partir de 5€ por viaxe nacional (a partir de 15€ se a viaxe é internacional).
  • Equipaxe de man: non pode superar os 10 kg e non ser ríxida. Máis información ao respecto nesta ligazón.
  • É importante que identifiques toda a túa equipaxe. Tes etiquetas nos puntos de venda. Non esquezas pedir a túa para identificar a túa maleta.
  • Se se perdese ou deteriorase, diríxete a calquera dos nosos puntos de venda nada máis chegar.
  • Non podes levar alimentos que poidan afectar á saúde dos pasaxeiros ou danar o resto da equipaxe.

Prohibición de patinetes eléctricos

  • Desde o 10 de xaneiro de 2024 prohíbese o acceso ao bus con patinetes eléctricos a todos os servizos de Alsa.
  • Esta prohibición aplícase non soamente aos patinetes eléctricos, senón a calquera outro dispositivo de mobilidade dotado de baterías.
  • Exclúense da prohibición os vehículos de persoas con mobilidade reducida.
  • A medida adóptase para salvagardar a seguridade dos clientes.

Gústache a bici, o surf ou o esquí?

Agora con Alsa poderás transportar o teu material deportivo:

  • Suplemento: 5 € nos servizos de curto percorrido e 10 € nos de longo.
  • Nos servizos internacionais permítese o transporte de bicicletas en todas as liñas propias, por un importe de 20€, previa reserva e pago do importe.
  • Admítense un total de 4 unidades por coche (unha por billete), asegura a túa reserva antes de viaxar.
  • Este servizo non está dispoñible nos autobuses de dous pisos.
  • Deberán ir embaladas nalgún tipo de caixa ou bolsa preparada para o seu transporte. E, por problemas de espazo, recomendamos que a roda dianteira das bicicletas estea embalada desmontada. Dispoñemos de fundas para a bici por só 15€, pregunta no despacho de billetes.
  • Recorda presentarte cunha antelación mínima de 15 minutos antes da saída.

Instrumentos musicais como equipaxe

Os viaxeiros poden transportar instrumentos musicais no autobús, que viaxarán na bodega, sen custo adicional, co resto da equipaxe. Lembra que, ao igual que as maletas, os instrumentos musicais que transportes deben ter un peso máximo de 20 kg.

Seguro adicional de equipaxe por só 1€

Que cobre o seguro? Garánteche a indemnización por danos e perdas materiais da equipaxe ou efectos persoais do Asegurado en caso de roubo, perda total ou parcial debida ao transportista ou danos a consecuencia de incendio ou agresión, acontecidos durante o transcurso da viaxe, ata un máximo de 150€.

As cámaras e complementos de fotografía, radiofonía, de rexistro de son ou da imaxe, así como os seus accesorios, quedan comprendidos ata o 50% da suma asegurada sobre o conxunto da equipaxe. Exclúese o furto e o simple extravío por causa do propio Asegurado, así como as xoias, o diñeiro, documentos, obxectos de valor e material deportivo e informático.

Para os efectos da citada exclusión, entenderase por:

  • Xoias: conxunto de obxectos de ouro, platino, perlas ou pedras preciosas.
  • Obxectos de valor: o conxunto de obxectos de prata, cadros e obras de arte, todo tipo de coleccións, e peletería fina.

Para facer efectiva a prestación en caso de roubo, será necesaria a presentación previa da denuncia ante as autoridades competentes.

Condicións do seguro