Alsa acóllese ás recomendacións das autoridades sobre a responsabilidade nos desprazamentos. Por iso, os nosos servizos se realizan cumprindo uns estritos controis para garantir a seguridade, quer dos viaxeiros, quer dos condutores.

ESTADO DOS SERVIZOS: Comprobe sempre a dispoñibilidade da súa viaxe no buscador de compras.

Para viaxar en autobús segue sendo obrigatorio o uso de máscaras. Só están exentos os menores de 6 anos e as persoas con problemas médicos que o acrediten debidamente. O incumprimento poderá dar lugar a sancións económicas elevadas sen prexuízo doutras posibles responsabilidades. Lembrade usalo en todo momento.

  Uso obrigatorio de máscaras

En cumprimento da ORDE TMA/384/2020, do 3 de maio, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, pola que se ditan instrucións sobre a utilización de máscaras nos distintos medios de transporte e se fixan requisitos para garantir unha mobilidade segura de conformidade co plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Os usuarios dos servizos de transporte de autobús quedan informados de que O USO DE MÁSCARAS QUE CUBRAN NARIZ E BOCA SERÁ OBRIGATORIO PARA TODOS OS USUARIOS.

  Consulta os horarios

Se tes que viaxar, informámoste de que os horarios dos nosos servizos están permanentemente actualizados na nosa web www.alsa.es/gl/home pero, dado que temos que nos axustar ao plan de desescalada, os nosos servizos pódense ver modificados, especialmente a partir do día 25 de maio.

Se queres comprar un billete, podes facelo, pero, nesta circunstancia excepcional, recomendámosche que confirmes a dispoñibilidade do servizo 24 horas antes de que se efectúe a súa saída en www.alsa.es, por se se producise algún cambio.

  Evite viaxar se ten síntomas

Se non podes viaxar, cambia ou cancelas o teu billete. As condicións de cambio e cancelación flexibilizáronse para que poida xestionar o teu billete ata 2 horas antes da saída do autobús.