Transporte de elementos de mobilidade
Podes levar a bordo elementos de axuda á mobilidade como bastóns ou muletas, sempre que poidas colocalos sen obstaculizar nin pór en perigo a seguridade do resto de viaxeiros. O persoal de condución axudarache a colocalos na mellor localización posible.
Se vas viaxar coa túa cadeira de rodas cómpre que teñas en conta as seguintes restricións:
A) Para que a cadeira poida viaxar no espazo PMRCR, debe cumprir cos requisitos de acceso e ancoraxe ao vehículo:
- Para subir/baixar pola plataforma elevadora as dimensións máximas admisibles son de 120 cm de longo x 70 cm de ancho; e o seu peso máximo non debe superar, incluíndo o ocupante, os 300 kg.
- Ademais, para poder viaxar ancorada debe cumprir o estándar ISO 7176-19 e levar visible o adhesivo ou documento que o acredite.
Exemplo de adhesivo dunha cadeira que SI cumpre a norma ISO 7176-19
Exemplo de adhesivo que advirte que a cadeira NON cumpre esa norma ISO
En caso de incumprir algunha destas condicións, a túa cadeira debe viaxar no maleteiro.
B) Se vas viaxar coa túa cadeira de rodas no maleteiro, ben porque prefires acceder ao vehículo polas escaleiras ou porque a túa cadeira non é apta para ir no espazo PMRCR, a cadeira debe cumprir:
- As dimensións máximas de 140 cm de longo, 65 cm de ancho e 100 cm de alto para entrar no maleteiro.
- O seu peso máximo non pode superar os 100 kg.
Nota: o persoal de condución preguntarache sobre o manexo da cadeira para poder gardala no maleteiro de forma adecuada.