Cambios e anulacións
Para cambios e anulacións de billetes de viaxeiros con discapacidade, aplican as condicións xerais de Alsa.
Non obstante, debido ás particularidades dos servizos ofrecidos a viaxeiros PMRCR, debes ter en conta que:
- Se queres realizar un cambio para un novo servizo con antelación inferior ás 36 h respecto da súa data de saída, é posible que as prazas necesarias para organizar a túa viaxe xa fosen adquiridas por outros viaxeiros. Polo tanto, deberás seleccionar outra alternativa cunha maior antelación.
- En caso de levar un acompañante gratuíto, cómpre tramitar o cambio/anulación do seu billete en primeiro lugar, posto que vai asociado ao do viaxeiro en cadeira de rodas.
- Se, a unha reserva xa existente, desexas engadirlle a praza de transferencia ou o billete gratuíto de acompañante, é necesario que o tramites de maneira presencial nos nosos portelos ou no teléfono de atención. Podes realizar este cambio con todas as garantías ata 36 h antes da data do servizo; pasado ese tempo, non poderemos garantir a reserva.
- Por último, se, cando te chame o noso persoal de operacións para confirmar as túas necesidades, identificades que a reserva non se axusta adecuadamente, modificarémola de forma gratuíta para que viaxes con todas as garantías.