Persoas con discapacidade auditiva ou da fala - Alsa videointerpretación
Este servizo gratuíto permítelles ás persoas con discapacidade auditiva ou da fala acceder ao servizo de información e venda de Alsa.
Trátase dunha ferramenta web que permite, ao instante a través dunha videochamada, a comunicación entre o cliente e o noso persoal a través dun intérprete que traduce as solicitudes de información e compra de billetes, establecendo unha comunicación en liña fluída entre ambos.
Ademais, este servizo pódese utilizar de forma presencial nas estacións de Alacante, Benidorm, Denia e Valencia.