Titulo pagina
- Alsa Innovación (I+D+I)
- Sala de prensa
- A nosa historia
- As nosas actividades
- Medio ambiente
- Política de xestión ambiental, enerxética e de condución eficiente
- Seguridade
- Persoas
- Política de sostibilidade
- Informe de Sostibilidade
- Responsabilidade corporativa
- Retos de Colaboración - Ministerio de Ciencia e Innovación
- Política de Seguridade e Saúde Ocupacional
- Ética e Compliance
- Estados de información no financiera
- Certificados
- Contos sobre rodas
Transporte nacional e internacional
Alsa xestiona a máis completa rede de servizos regulares en autobús de ámbito nacional, que comunica entre si a práctica totalidade das comunidades autónomas peninsulares. Opera nunha ampla gama de horarios e ofrece servizos de calidade diferenciada, como son as clases Comfort e Supra.
En Europa, opera nunha amplia rede de conexións intraeuropeas mediante a explotación de 65 autorizacións internacionais que unen España coa maior parte da Unión Europea e o norte de África. Ademais, está presente en Portugal, Francia, Bélxica, Suíza e Alemaña, e é membro de Eurolines.
Características que definen a forma que ten Alsa de entender o transporte nacional e internacional:
- Unha moderna frota de autocares en permanente proceso de renovación.
- A incorporación inmediata das novas tecnoloxías ao servizo do viaxeiro.
- A prestación de servizos de alta calidade.
Transporte rexional
O compromiso de ALSA coas necesidades de mobilidade dos seus clientes exténdese á xestión de servizos de transporte en autobús de ámbito rexional e autonómico, que é a orixe da súa actividade.
A rede de servizos rexionais de ALSA engloba numerosas concesións de servizos interurbanos que se extenden polas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha, Cataluña, Aragón, Navarra, Comunidade Valenciana, Murcia e Andalucía.
Moitos destos servizos realízanse en zonas rurais de baixa densidade de poboación e de difícil acceso, emprestando un servizo público que garante a mobilidade e o acceso a un transporte de calidade a todos os cidadáns, independentemente do seu lugar de residencia.
ALSA tamén desenvolve unha destacada actividade no transporte laboral e no transporte escolar.
Tamén, ante a consolidación e crecemento das áreas metropolitanas, participa -de acordo coas entidades reguladoras- no desenvolvemento de consorcios rexionais de transporte que achegan solucións específicas de mobilidade ás necesidades nestas áreas.
Transporte urbano metropolitano
ALSA é o maior operador privado de autobuses no ámbito urbano en España.
Está especializada no deseño de sistemas de transporte urbano e de proximidades e xestiona un total de 20 redes en distintas cidades e áreas metropolitanas españolas, ademais das cidades de Marrakech, Agadir e Tánger (Marrocos).
Os novos modos de vida urbana e as maiores necesidades de mobilidade exixen un transporte público de calidade e eficiente, que solucione a conxestión das nosas cidades e as convirta en espazos máis habitables para todos.
ALSA achega solucións á medida das entidades locais cun plan no que priman:
- As innovacións tecnolóxicas (SAE, sistemas de pagamento sen contacto).
- O respecto ao medio ambiente.
- A accesibilidade do transporte público.
Unha forma de entender o transporte urbano que se traduce en solucións para as cidades e en beneficios para a calidade de vida dos cidadáns.
Ademais ALSA xestiona o servizo de autobuses turísticos das cidades de: Madrid, Toledo, San Sebastián, Barcelona e Marrackech.
Transporte ferroviario
No ámbito ferroviario, por medio de ALSA Rail desenvolve unha incipiente actividade na explotación de sistemas ferroviarios e no deseño de proxectos de tranvías e metros lixeiros, metros convencionais e automáticos, e ferrocarrís periurbanos e de proximidades.
Como operador participa na xestión do Metro Lixeiro Pinar de Chamartín-Sanchinarro-Las Tablas (ML1) que, integrado na rede de Metro de Madrid, une este novo desenvolvemento urbanístico do norte de Madrid coa rede de Metro.
Tamén xestiona o Funicular de Bulnes, un sistema de transporte que soluciona o acceso ao Parque Nacional de Picos de Europa (Asturias) de forma equilibrada para o Medio Ambiente.