OS NOSOS COMPROMISOS COS GRUPOS DE INTERESE

Política de Sustentabilidade de ALSA

Os que traballamos en ALSA esforzámonos constantemente para lograr a excelencia en todo o que facemos. Progresar no camiño cara á excelencia significa cumprir cos compromisos que adquirimos con todos os grupos de interese que conflúen na nosa actividade empresarial.

Os principios que rexen a nosa política de sustentabilidade resúmense en:

Os nosos compromisos

... cos nosos accionistas e investidores

  • Asegurármonos o bo goberno e a sustentabilidade de ALSA, promovendo a creación de valor e o cumprimento das previsións financeiras.
  • Coñecemos e damos resposta aos requisitos dos nosos accionistas e investidores, acordando e concretando os nosos obxectivos de rendibilidade e crecemento a curto, medio e longo prazo, sempre consonte os nosos valores.
  • Promovemos a transparencia e o uso de información pertinente, fiable e precisa.

... coa nosa dirección

  • Aseguramos a implicación de todos para o bo goberno da compañía, garantindo o cumprimento dos obxectivos definidos e mantendo a coherencia cos nosos valores e o estilo de liderado definido por ALSA «líderes como mentores».
  • Promovemos a transparencia e o uso de información pertinente, fiable e precisa.

... con Administracións e reguladores

  • Aseguramos a impecable execución dos contratos cos niveis de seguridade e calidade acordados, garantindo a continuidade do servizo prestado e o cumprimento da lexislación vixente.
  • Traballamos dentro dos nosos marcos contractuais para garantir o acceso á mobilidade e o servizo a todas as persoas, á marxe da súa capacidade de acceso ou mobilidade.
  • Promovemos a transparencia e o uso de información pertinente, fiable e precisa sobre o funcionamento dos servizos.
  • Desenvolvemos a responsabilidade social como base das relacións da comunidade.

... cos nosos clientes

  • Pomos o cliente no centro de todo o que facemos e traballamos sen descanso para satisfacermos as súas expectativas.
  • Unicamente facemos aquilo que é seguro e temos tolerancia cero perante calquera comportamento que poña en risco a súa seguridade.
  • Ofrecemos servizo e solucións de mobilidade innovadoras que achegan valor aos seus usuarios e a sociedade en xeral, en termos de seguridade, calidade, regularidade, fiabilidade, facilidade de uso, personalización e prezo.
  • Comprometémonos coa xeración de experiencias positivas cos nosos clientes, establecendo relacións de longo prazo con eles a través do diálogo, a confianza mutua e mantendo unha decidida aposta pola innovación, garantindo uns servizos e solucións que satisfagan plenamente os seus requisitos.

... cos nosos empregados actuais, pasados e futuros, así como as súas familias

  • Comprometémonos a desenvolver o talento, recompensar o traballo excelente e tratar con respecto todos os empregados.
  • Conscientes de que son as persoas as que aseguran o noso éxito, promovemos o orgullo de pertenza a ALSA baseándonos no desenvolvemento responsable dos sistemas de selección, integración, desenvolvemento, participación, recoñecemento, promoción e retribución dos nosos empregados.
  • O respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa son principios esenciais na nosa actividade e, por iso, comprometémonos cos nosos empregados (pasados, presentes e futuros) e as súas familias a proporcionar un ambiente de traballo estable, seguro e saudable, facilitando un balance equilibrado entre vida profesional e persoal.
  • Promovemos sistemas de formación e desenvolvemento do talento e garantimos a igualdade de oportunidades e a non-discriminación por ningunha causa, promovendo a contratación de persoas discapacitadas e/ou en risco de exclusión social.
  • Todo iso contribúe a que atraiamos e reteñamos os mellores profesionais, persoas capaces de aprender, ter iniciativa, achegar valor, comportarse de forma íntegra, traballar en equipo, actuar como líderes na súa parcela de responsabilidade e comprometerse cos obxectivos de ALSA.

... con fornecedores, provedores, e aliados

  • Manter un diálogo aberto, fluído, honesto e transparente cos nosos fornecedores, provedores e aliados é a base do noso compromiso.
  • Identificamos as súas expectativas e necesidades para crearmos relacións sólidas a longo prazo e para asegurar o cumprimento dos acordos establecidos.
  • Fomentamos o traballo en equipo con eles asegurando o seu aliñamento coa nosa política de sustentabilidade, coa mellora da cadea de subministro e coa satisfacción dos nosos clientes.

... co contorno social e medio ambiente

  • A ética, a responsabilidade, o diálogo e a transparencia son principios fundamentais para nós.
  • En ALSA somos conscientes de que a nosa capacidade para crear valor sustentable para a sociedade ten o seu núcleo fundamental en toda a cadea de creación de valor da que formamos parte.
  • O noso compromiso social está baseado no diálogo, de forma que identificamos e satisfacemos as necesidades das comunidades das que formamos parte como cidadáns empresariais e, máis aló do cumprimentos da lexislación vixente, comprometémonos a actuar activamente nas comunidades onde prestamos os nosos servizos para contribuír de xeito responsable ao seu desenvolvemento económico, social, cultural e ambiental, promovendo a colaboración con todos os axentes sociais.
  • Consideramos o diálogo cos axentes sociais e as representacións sindicais como factor moi importante do desenvolvemento das relacións laborais da Empresa.
  • En ALSA comprometémonos activamente a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro das nosas actividades baseándonos nun emprego racional dos recursos, dado que a valoración do impacto ambiental é unha variable fundamental na toma de decisións.

... cos xeradores de opinión

  • Promovemos a transparencia, a colaboración activa e a facilitación de información pertinente, fiable e precisa sobre a actividade da compañía.

... co sector empresarial

  • ALSA considera a libre competencia e a colaboración activa con outras organizacións e institucións elementos esenciais para o desenvolvemento e a prosperidade do país.
  • A estrita observancia das leis de defensa da competencia, o intercambio de boas prácticas, a integridade e a ética rexen as nosas actuacións no sector empresarial, garantindo o axeitado tratamento das relacións con socios mercantís e terceiras partes, dos conflitos de interese e do intercambio de información.