Alsa pon á túa disposición un seguro opcional de viaxe destinado a cubrir o viaxeiro ante as necesidades e imprevistos que puidesen presentarse durante o traxecto e nas paradas intermedias. Este complemento ten un custo de 1€ por traxecto.
Para coñecer as condicións do seguro:
- Inicia a compra do billete e ao chegares a «Personaliza o teu asento», esta opción aparecerá preseleccionada por defecto.
- Ao premer en «Ver condicións» despregarase unha ventá en que poderás coñecer todos os detalles do seguro adicional de viaxe.
Amplía información na sección Condicións do seguro, dentro da sección Equipaxe de www.alsa.es