Alsa permite a viaxe con animais de compañía baixo as seguintes condicións:
- O animal viaxará baixo a responsabilidade do propietario ou persoa delegada por este, que irá no mesmo autobús.
- Máximo un animal por vehículo, que viaxará no compartimento dedicado na bodega no seu propio transportador.
- Só se admitirán animais de compañía pequenos como cans, gatos e furóns cun peso inferior a 10 kg.
- O animal viaxará nunha gaiola, transportador ou outro elemento pechado, ríxido e impermeable proporcionado polo viaxeiro.
- O animal deberá ser maior de 12 semanas, estar identificado con microchip, debidamente documentado (Sistema de Identidade Individual de Animais —SIIA—, cartilla sanitaria actualizada), desparasitado externa e internamente e vacinado segundo a normativa de orixe e destino do transporte.
- Non se admiten femias preñadas ou con só unha semana transcorrida tras o parto.
- O animal será quen de moverse por si mesmo e non terá feridas.
- O día da viaxe, preséntate 15 minutos antes da saída para depositar persoalmente o transportador no autobús.
- Os cans de asistencia poden viaxar no interior do autobús, cos pasaxeiros, sen custo adicional. Deberán ir documentados.
- Non está permitido o transporte de animais en traxectos internacionais.
Por motivos de seguridade NON recomendamos viaxar con animais de compañía en datas e horas nas que a temperatura ambiente sexa superior a 25 °C.
Consulta en detalle as condicións de viaxe dos animais de compañía.