No caso de perda ou deterioración da equipaxe, baixo custodia de Alsa, será conveniente efectuar a reclamación inmediatamente ao chegar á estación de destino, e presentando o billete e o resgardo de facturación, se procede. A indemnización realizarase de acordo cos límites establecidos na normativa vixente. Para obxectos perdidos, tamén tes dispoñible o teléfono 91 020 7007 e o formulario de Reclamacións en www.alsa.es.
O transportista non responderá de ou polas perdas, danos ou deterioracións, de calquera índole, que sufran os vultos de man ou outros obxectos equiparables ou asimilables non confiados á súa custodia.
Collín unha equipaxe errónea… Como podo recuperar a miña?
Se ao baixar do autobús levaches unha maleta equivocada, procede da seguinte forma:
- Deixa a maleta que levaches no Punto de Venda Alsa da estación de chegada.
- Para recuperares a túa equipaxe, pon unha reclamación no punto de venda, co teu billete, cubre o formulario de «Reclamacións» que encontrarás na sección «CONTACTO» da web ou chama ao teléfono (+34) 91 020 7007.