Proceso de compra de billetes para persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas (PMRCR), transferencia e acompañante
Os nosos servizos das concesións CV-202 e CV-302 son accesibles a viaxeiros con cadeira de rodas, sempre e cando se reserven cunha antelación de máis de 36 h segundo estipula a lexislación vixente.
Podes reservar de xeito directo, na nosa web, portelos e atención telefónica a túa praza para cadeira de rodas, transferencia e acompañante naqueles servizos identificados con este símbolo:
En calquera caso, se desexa viaxar nun horario que non teña este símbolo, póñase en contacto coa nosa billeteira ou no teléfono de atención ao cliente (900 814 114) e este fará as xestións oportunas para prestarlle o servizo solicitado ou ofrecerlle unha alternativa que satisfaga as súas necesidades.
A continuación explicamos detalladamente como facer esta reserva nas nosas canles:
En Alsa redeseñamos o proceso de compra para identificar, cun máximo de 3 preguntas, todo que necesitas para viaxar connosco.
En primeiro lugar, selecciona a orixe-destino e a data de viaxe que desexas e preme BUSCAR.
Na pantalla de selección de horarios, selecciona o que teña o símbolo da cadeira de rodas:
Antes de darlle a CONTINUAR, activa o botón xunto á pregunta «Viaxa algunha persoa en cadeira de rodas?»
Nese momento, aparecerá unha xanela emerxente con 3 preguntas que buscan pescudar:
1. Se vas levar a túa cadeira de rodas no espazo PMRCR ou no maleteiro. Deste xeito, adecuaremos o vehículo segundo o espazo que necesites, e reservarémosche a butaca ou o espazo que máis che conveña.
Neste caso é moi importante que coñezas as condicións de acceso da túa cadeira de rodas aos nosos vehículos.
Se a túa cadeira non cumpre algunha das condicións para viaxar a bordo, debe viaxar no maleteiro.
2. Se vas querer transferirte a unha butaca convencional Así poderemos reservarche, sen custo adicional, a butaca máis próxima ao espazo PMRCR.
Por limitacións técnicas dos vehículos, este asento atópase ao outro lado do corredor, na posición máis próxima ao espazo PMRCR.
Atención:
- Por razóns de seguridade, tanto do viaxeiro como do persoal de Alsa, a transferencia débea realizar o viaxeiro polos seus propios medios ou con axuda do seu acompañante.
- A distancia ata a butaca e a diferenza de altura desde o corredor ao nivel onde se sitúan as butacas pode variar en función do modelo. Consulta máis información.
3. Se vas necesitar un acompañante que che axude a transferirte desde a cadeira de rodas, ou a embarcar se prefires deixala no maleteiro. Neste caso, en Alsa ofrecemos un billete gratuíto para que poidas levar contigo a persoa que te asista neste proceso.
Ao teu acompañante asignaráselle a butaca contigua á de transferencia. Por razóns de seguridade, este acompañante deberá viaxar contigo por se necesitas asistencia nas paradas intermedias ou por se xurdise algún imprevisto durante o servizo.
A continuación indicámosche as respostas que debes encher no formulario web en función de cal é a túa situación particular:
Se viaxas coa túa cadeira de rodas no espazo PMRCR e non te queres transferir:
Lembra que:
- A túa cadeira de rodas debe cumprir as condicións de acceso ao habitáculo de pasaxeiros: dimensións, peso e norma ISO 7176. Consulta máis información.
- Para poder confirmar o servizo, déixanos un número de teléfono válido. O noso equipo de operacións chamarache para confirmar o que necesitas e adaptar o servizo segundo corresponda.
Se viaxas coa túa cadeira de rodas no espazo PMRCR e quéreste transferir, pero non necesitas un acompañante que che axude a facelo:
- A túa cadeira de rodas debe cumprir as condicións de acceso ao habitáculo de pasaxeiros: dimensións, peso e norma ISO 7176. Consulta máis información.
- Debes poder transferirte polos teus propios medios ao asento de transferencia, situado ao outro lado do corredor. Esta praza de transferencia é gratuíta. Consulta máis información.
- Para poder confirmar o servizo, déixanos un número de teléfono válido. O noso equipo de operacións chamarache para confirmar o que necesitas e adaptar o servizo segundo corresponda.
Se viaxas coa túa cadeira de rodas a bordo e quéreste transferir, e necesitas un acompañante que che axude a facelo:
Lembra que:
- A túa cadeira de rodas debe cumprir as condicións de acceso ao habitáculo de pasaxeiros: dimensións, peso e norma ISO 7176. Consulta máis información.
- Debes poder transferirte con axuda do teu acompañante ao asento de transferencia, situado ao outro lado do corredor. Esta praza de transferencia é gratuíta. Consulta máis información.
- Para poder confirmar o servizo, déixanos un número de teléfono válido. O noso equipo de operacións chamarache para confirmar o que necesitas e adaptar o servizo segundo corresponda.
Se viaxas coa túa cadeira de rodas no maleteiro, e non necesitas axuda para embarcar.
Lembra que:
- A túa cadeira de rodas debe cumprir as condicións de acceso ao maleteiro: dimensións e peso. Consulta máis información.
- Debes poder acceder polos teus propios medios ao teu asento situado na parte dianteira do autobús.
- Para poder confirmar o servizo, déixanos un número de teléfono válido. O noso equipo de operacións chamarache para confirmar o que necesitas e adaptar o servizo segundo corresponda.
Se viaxas coa túa cadeira de rodas no maleteiro e necesitas axuda para embarcar.
Lembra que:
- A túa cadeira de rodas debe cumprir as condicións de acceso ao maleteiro: dimensións e peso. Consulta máis información.
- Debes poder acceder coa axuda do teu acompañante ao teu asento situado na parte dianteira do autobús.
- O teu acompañante viaxará cun desconto do 100 %, na praza máis próxima á túa (en función da ocupación do servizo).
- Para poder confirmar o servizo, déixanos un número de teléfono válido. O noso equipo de operacións chamarache para confirmar o que necesitas e adaptar o servizo segundo corresponda.
O proceso de venda nestas canles é similar ao da web, pero atendido presencialmente por un dos nosos axentes.
En primeiro lugar, preguntaranche pola orixe-destino e a data de viaxe que prefires.
A continuación, ofreceranche os servizos designados preferentemente como PMRCR e, se fosen do teu agrado, concretarán contigo o resto de aspectos da reserva.
Se estes servizos non responden ás túas necesidades, o axente de venda contactará co noso persoal operativo para facilitarche o servizo solicitado ou ofrecerche unha alternativa. Neste caso, canto maior sexa a antelación da data de reserva respecto da data de viaxe, máis posibilidades de viaxe poderemos ofrecerche.
En función do tipo de solicitude recibida, pode que sexa necesario interromper a venda e retomala noutro momento. Seremos nós os que nos poremos en contacto contigo para continuar coa reserva en función das novas opcións dispoñibles.
Unha vez acordada a data/hora de viaxe, o noso persoal de atención preguntarache:
1. Se vas levar a túa cadeira de rodas no espazo PMRCR ou no maleteiro. Deste xeito, adecuaremos o vehículo segundo o espazo que necesites, e reservarémosche a butaca ou o espazo que máis che conveña.
Neste caso é moi importante que coñezas as condicións de acceso da túa cadeira de rodas aos nosos vehículos.
Se a túa cadeira non cumpre algunha das condicións para viaxar a bordo, debe viaxar no maleteiro.
2. Se vas querer transferirte a unha butaca convencional. Así poderemos reservarche, sen custo adicional, a butaca máis próxima ao espazo PMRCR.
Por limitacións técnicas dos vehículos, este asento atópase ao outro lado do corredor, na posición máis próxima ao espazo PMRCR.
Atención:
- Por razóns de seguridade, tanto do viaxeiro como do persoal de Alsa, a transferencia débea realizar o viaxeiro polos seus propios medios ou con axuda do seu acompañante.
- A distancia ata a butaca e a diferenza de altura desde o corredor ao nivel onde se sitúan as butacas pode variar en función do modelo. Consulta máis información.
3. Se vas necesitar un acompañante que che axude a transferirte desde a cadeira de rodas, ou a embarcar se prefires deixala no maleteiro. No caso de que necesites axuda, desde Alsa ofrecemos un billete gratuíto para que poidas levar contigo a persoa que te asista neste proceso.
Ao teu acompañante asignaráselle a butaca contigua á de transferencia. Por razóns de seguridade, este acompañante deberá viaxar contigo, por se necesitas asistencia nas paradas intermedias ou por se xurdise algún imprevisto durante o servizo.
En calquera caso, é IMPRESCINDIBLE que nos facilites un número de teléfono válido para que poidamos confirmar contigo a reserva e as túas necesidades de viaxe. En caso contrario, a reserva non poderá confirmarse.
Tamén utilizaremos este teléfono para avisarte no caso de que ocorrese algún contratempo co servizo ou coa teu reserva.